AS1. Asesoramento personalizado ( presencial, telefónico, e-mail, etc...) presencial para a implantación de sistemas de calidade ambiental e eficiencia enerxética nas emrpesas. Así como aseoramento ós emprendedores en materia de economía social e creación de empresas. O obxectivo de esta acción é asesorar ós eco-emprendedores en todas aquelas actuacións empresariais que estén pensando iniciar, resolución das dúbidas que poidan ter os eco-emprendedores sobre a implantación de sistemas de calidade ambiental e aforro enerxético, así como buscar a mellor solución para acadar a correcta implantación das normas de calidade ambiental nas empresas destinatarias e a maior eficiencia no uso da enerxía en ditas empresas. AS2. Creación dunha bolsa de eco-proxectos: elaboración de plans de empresa relativos a proxectos vinculados ó sector medioambiental. O obxetivo desta acción é asesorar ós eco-emprendedores en todas aquelas actuacións empresariais que estén pensando iniciar, así como a creación dunha bolsa de eco-proxectos empresariais, axudarase ós eco-emprendedores na posta en marcha dos seus proxectos e realizarase un seguimento personalizado de cada un deles; ó mesmo tempo elaboraranse plans de empresa e asesorarase sobre os trámites administrativos necesarios para a creación e posta en marcha de cada iniciativa de forma concreta. Destinatarios elexibles Ficha de asesoramiento
|
|
|